A FESTA DA AMEIXA DE CAMPELO CONTARÁ COA MÚSICA E DANZA DE NELSON QUINTEIRO E A MONTAXE DE CABARET GALEGO "FALA-ME.TRAD CABARÉ"
Se non podes visualizar ben esta NOTA DE PRENSA preme aquí

 


A FESTA DA AMEIXA DE CAMPELO CONTARÁ COA MÚSICA E DANZA DE NELSON QUINTEIRO E A MONTAXE DE CABARET GALEGO "FALA-ME.TRAD CABARÉ"

Será na Praza da Granxa de Campelo, en Poio, o vindeiro venres 16 de setembro, dende as 20:45 h, como fío conductor e engranaxe sobre a que se constrúa a entrega de Premios e Ameixas de Ouro en homenaxe ás mariscadoras/es xubiladas/os dos anos 2019, 2020 e 2021 a e entrega de premios do Concurso Fotográfico 2022.


Para a ocasión, a Compañía Nelson Quinteiro ofrecerá unha versión fragmentada do seu espectáculo "Fala-Me. Trad Cabaré", unha peza de cabaret galego, música e danza coa presenza do pianista Brais González (Caspervek) e os bailaríns Iván Villar,Ariadna Vázquez e Ricardo Louro, membros de compañías como Nova Galega de Danza, SaDanza ou Falcatrueiros, que con Nelson Quinteiro como mestre de cerimonias convertirán a Praza da Granxa nun salón de baile dos anos 20-30, e onde non faltarán o fox-trot, o tango, o cuplé e sobre todo, a muiñeira.
Música en directo, máscaras ancestrais, danza e moita actitude para falar de empoderamento e arroupar o acto no que estarán presentes o Concelleiro de Festexos, Xosé Luis Martínez Blanco e o Ilmo Sr Alcalde, Don Luciano Sobral Fernández.
Ao remate da proposta convidaremos aos cantareiros e cantareiras de Mais Cantos, para rematar a festa con un furancho de sons dun xeito moi emotivo.

 
306505119_10228987675540844_6680162043344533492_n
 

Imaxes de Emi ramírez

 
306331677_10228987631899753_2622506355376707315_n
 
 


Sempre é un pracer
volver a falar contigo!


Preme no logotipo para saber máis sobre nós.

Nelson Quinteiro Producciones
Experiencias Emocionantes
en Danza, Música e Teatro.

Rúa Beiramar 62
36995 Campelo - Poio
Pontevedra
www.nelsonquinteiro.com
www.youtube.com/user/cantareiro

Se desexas darte de baixa neste boletín preme na siguiente ligazón: Baixa

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -